miércoles, 28 de enero de 2009

Gardián e gardadas

Para crear está imaxe tal é como a visualizades agora tiven que pasar por unha serie de etapas, xa que partín dunha foto con ovellas para logo colocar o can e estes textos.

O primeiro foi, por suposto, abrir o GIMP e abrir a imaxe das ovellas, sen textos nin can. Despois abrín a imaxe do can e desplacei a capa "Perro" dentro da imaxe das ovellas. Nese momento o can xa aprecía na imaxe, pero era de gran tamaño. Para solucionalo non tiven máis que utilizar a ferramenta de escalar e volvelo un pouco máis pequeno, para logo coa ferramenta "Mover" desplazalo e colocalo entre a herba de forma que non se notara que o colocamos manualmente.

Despois creei un par de marcos vacíos ós que lle modifiquei a opacidad e a bloqueei para enchelos de cor coa ferramenta "Pincel" de cor amarelo (o branco é a cor por defecto así que non a tiven que modificar).

Para que quedara ben, engadín as guías horizontais para que quedaran os recadros á altura estipulada no exercicio e os coloquei coa ferramenta "Mover". Aplanei as capas da imaxe e a gardei en formato JPG . Lista para o blog!

Slideshow

Aquí temos un bo exemplo de Slideshow feito coa páxina de Slide.com, que o disfrutedes!


viernes, 9 de enero de 2009

Nadal 2008-2009


Vaia nadal. O mellor en moitos anos, completo e sen ocos o mires por onde o mires. Todo seguido: sair o primeiro venres o acabar as clases, comprar o ordenador novo o luns, nadal o xoves, campionato galego de natación de venres a luns, mércores festa de aninovo, venres sair pola noite de novo co equipo de natación e o sábado 24 horas de natación cívica na piscina do club. Por suposto e mentres tanto, tamén había que entrenar natación e tenis, continuar os meus proxectos de computación varios, quedar cos amigos e ceas varias, para encher os poucos ocos que quedaron libres durante o nadal. Tantas cousas en tan pouco tempo da vértigo, pero cando as fas dan aínda máis (e eu que cría que ia durmir un pouco este nadal)... E cando cres que todo vai perfecto, daste conta de que as cousas poden mellorar cando recibes un mail de VIA dicindo que aceptan unha proposta de deseño presentada antes do nadal na que xa desistiras, se perfeccionas uns poucos aspectos. Iso foi o remate, fin de festa, o pracer supremo. Pero logo chega o malo.

Consecuencia de todo isto: o corpo non aguantou. Despois diso nas festas de reis estoupei e collín a faringoamigdalitis do ano, para empezar forte e quedar na casa uns días a descansar. Antes de voltar o traballo incesante (os días de recuperación aconsellados polo médico tampouco veñen tan mal)

Conclusión persoal: Verdadeiramente, 5 días de enfermidade non poden estropear unhas navidades nas que o pasei de fábula e que superaron todas as miñas expectativas e que deixaron na miña memoria todas as cousas boas e axudan a pasar cunha garganta pola que non pode baixar nada maior que unha pastilla, xa que as amigdalas non o deixarían, pois parecen bolas de béisbol.

Un saúdo dende casa!
Emilio González