miércoles, 28 de enero de 2009

Gardián e gardadas

Para crear está imaxe tal é como a visualizades agora tiven que pasar por unha serie de etapas, xa que partín dunha foto con ovellas para logo colocar o can e estes textos.

O primeiro foi, por suposto, abrir o GIMP e abrir a imaxe das ovellas, sen textos nin can. Despois abrín a imaxe do can e desplacei a capa "Perro" dentro da imaxe das ovellas. Nese momento o can xa aprecía na imaxe, pero era de gran tamaño. Para solucionalo non tiven máis que utilizar a ferramenta de escalar e volvelo un pouco máis pequeno, para logo coa ferramenta "Mover" desplazalo e colocalo entre a herba de forma que non se notara que o colocamos manualmente.

Despois creei un par de marcos vacíos ós que lle modifiquei a opacidad e a bloqueei para enchelos de cor coa ferramenta "Pincel" de cor amarelo (o branco é a cor por defecto así que non a tiven que modificar).

Para que quedara ben, engadín as guías horizontais para que quedaran os recadros á altura estipulada no exercicio e os coloquei coa ferramenta "Mover". Aplanei as capas da imaxe e a gardei en formato JPG . Lista para o blog!

No hay comentarios: